Pekecha
Creatividad digital

Pekecha

Pekecha / Social Media  / Agader convoca axudas, para que dende o rural, leves a cabo o teu proxecto!

Agader convoca axudas, para que dende o rural, leves a cabo o teu proxecto!

A Axencia Galega de Desenvolvemento Rural lanza as subvencións para actividades non agrícolas co fin de fomentar a diversificación económica, o equilibrio territorial e a sustentabilidade do medio rural, tanto en termos sociais como económicos, incidindo directamente na área focal 6A. As axudas teñen un orzamento total de 3.500.000€.

Obxectivos:

  • Lograr un desenvolvemento territorial equilibrado das economías e comunidades rurais, incluíndo a creación e conservación do emprego.
  • Fomentar a inclusión social, a redución da pobreza e o desenvolvemento económico nas zonas rurais, facendo especial fincapé en facilitar a diversificación, a creación e o desenvolvemento de pequenas empresas e a creación de emprego.
  • Fomentar a creación e desenvolvemento de pequenas empresas non agrícolas, que conforman un elemento substancial da economía rural, canalizando o apoio cara ao fomento do emprego e á creación de postos de traballo de calidade, como unha oportunidade de asentar poboación e aumentar a competitividade das zonas rurais.

O prazo para solicitar as axudas comezou o 8 de abril e terá una duración dun mes.

Os beneficiarios son:

  • Pequenas empresas
  • Persoas físicas que residan nunha zona rural de Galicia.
  • Titulares ou membros dunha unidade familiar dunha explotación agraria que diversifiquen as súas actividades en ámbitos non agrícolas e que desenvolvan o seu proxecto na propia explotación.

Dende a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural entenden que é necesario fomentar a competitividade das explotacións agrarias cara as actividades non agrícolas, apoiando a procura de novas liñas de negocio que complementen a renda agraria, de forma que se reduza a estacionalidade e se aumente a independencia do sector.

Serán subvencionables os proxectos destinados á creación, ampliación e/ou modernización de pequenas empresas que desenvolven actividades non agrarias nos seguintes sectores e ámbitos de actividade:

  • Industrias, fábricas e locais destinados á producción de bens e materiais.
  • Transformación e/ou comercialización de productos agrarios.
  • Prestación de servizos en calquera sector económico.
  • Prestación de servizos sociais.
  • Actividades de lecer, recreativas e deportivas.
  • Artesanía e actividades artesanais.
  • Actividades baseadas nas novas TIC, innovación tecnolóxica e comercio electrónico.
  • Actividades nos sectores da enxeñaría, arquitectura, servizos técnicos, limpeza industrial e veterinaria.
  • Comercio polo miúdo de produtos.
  • No sector da restauración turística: creación de novos restaurantes situados en construción patrimoniais senlleiras, investimentos destinados a mellorar as condicións de accesibilidade e supresión de barreiras arquitectónicas dos establecementos de restauración xa existentes.
  • Actividade turística de aloxamento para o aumento de categoría e outras actuacións destinadas a mellorar as condicións de accesibilidade e supresión de barreiras arquitectónicas.

Para obter documentación normalizada ou información adicional podedes dirixirvos aos seguintes medios:

  1. Na páxina web da Agader http://agader.xunta.es
  2. Na Guía de procedementos e servizos, no enderezo: https://sede.xunta.es/guia-de-procedementos.
  3. No teléfono 981 54 73 82 (Agader).
  4.  De xeito presencial, na Agader (lugar da Barcia, 56, Laraño, 15897 Santiago de Compostela), con cita previa no teléfono 981 54 73 82.