O IGAPE publica axudas dentro do sector do turismo para accións de marketing e promoción no exterior
O IGAPE publica axudas aos distintos sectores dentro do turismo para accións de marketing e promoción no exterior
Dirixidas a:
- Hoteis e aloxamentos.
- Aloxamentos turísticos e outros.
- Campings e aparcadoiros de caravanas.
- Actividades de turismo activo.
- Organización de convencións e ferias de mostra.
Estas axudas teñen o obxecto de realizar:
Actuacións de difusión (publicidade, promoción online, marketing dixital)
Actuacións de promoción (participación en ferias, material promocional, catálogo e contidos audiovisuais).
Prospección de novos mercados (axenda de reunións).
Serán do 75% sobre os gastos subvencionables. Máximos 72.000 € por solicitude e beneficiario.
Os beneficiarios serán as PEMES (incluidas as que teñen obxecto social destinado á prestación de servizos técnicos, comerciais ou loxísticos), os centros de traballo radicados en Galicia, os dados de alta en programas avanzados de IGAPE de apoio á internacionalización co informe positivo, que teñan na data de publicación estas bases no DOG e, ata a data de liquidación de axuda destas bases, algún empregado por conta allea en Galicia e estar ao día coas súas obrigas coa Facenda Pública, coa Comunidade Autónoma de Galicia, coa Seguridade Social e non ser considerada empresa en crise.
O PRAZO LIMITE COMPRENDE DENDE O 4 DE XANEIRO ATA O 26 DE FEBREIRO